Titulado Profesional en Gaita Galega e Técnico en Produción Musical.

Aprende aos 6 anos a tocar a gaita galega, percusión e baile tradicional na Asociación Cultural Xacarandaina de A Coruña cos mestres Álex Fente, Pablo Pintor, Víctor Iglesias, Quique Peón, Serxo Núñez e Daniel Meléndrez.
Director do Grupo da Música da A.C. Xacarandaina entre os anos 2009 e 2017.
Asistíu a numerosos cursos e masterclass tanto de gaita como de percusión tradicional cos mellores docentes do país (David Bellas, Cristian Silva, Marcos Pérez “Kinhos”, Xabier Díaz, Pablo Seoane…).
Premiado en diferentes concursos de música tradicional tanto de cuarteto de gaitas como de gaiteiro solista. Participou en distintos festivais a nivel internacional como o Interceltique de Lorient, Port Sur Saone, Europeade…
Así mesmo, compaxina as tarefas de docente e músico nos grupos “Os Viqueiras de Ordes”, “Samarúas” e “Moura” ca de productor (en 2016 fundou a productora Márdea Producións) traballando como productor e mánager de distintos actores e artistas musicais a nivel nacional.
Actualmente imparte clases en distintas escolas de música e asociacións culturais na comarca da Coruña.